SOCIAIS luns 30 de marzo de 2020 e xoves 2 de abril

Xa sabes por que non é a misma hora en todas as partes da Terra?
Este era o traballo do xoves que debes ter copiado:
   OS FUSOS HORARIOS
Nos distintos lugares da Terra non temos a mesma hora.
Por exemplo cando aquí son as 12 da mañá en Brasilia son aínda as 8 da mañá,  en Venezuela son as 7 da mañá, pero en Xapón xa son as 8 da tarde.
Por que ocorre iso?

Investiga por que e explícao. 

Como nos sei se entende moi ben, déixovos unha explicación casi como se estiveramos no cole. Despois de vela corrixe ou fai a resposta á pregunta.



Este é un modelo de resposta. Compárao coa túa, corrixe se é necesario e, por suposto, podes ter outros exemplos.

A resposta á pregunta é que debido á rotación da Terra non todos os países reciben ao mesmo tempo a luz do Sol. Como un día dura 24 horas podemos dividir a Terra en 24 franxas ou fusos horarios. 

Se empezamos a contar como hora a que temos no fuso horario cero, que é o que nos corresponde a nós, cada vez que nos movemos un fuso horario ao Oeste temos que restar unha hora, e cada vez que nos movemos un fuso cara o Leste temos que sumar unha hora
Por iso en Xapón, por exemplo, que está 9 fusos horarios cara o Leste, é  9  horas máis tarde que aquí e en Colombia, que está 5 fusos cara o Oeste é 5 horas máis cedo que aquí.
E este é un planisferio máis real dos fusos horarios sacado da Wikipedia.
   

A tarefa para hoxe 
Recorda poñer a data con boli vermello e o enunciado con boli azul:
Escribe que hora é en diferentes países do mundo. Primeiro tes que anotar nun cadro que hora é cando estás facendo o traballo e que hora sería se estiveras nos outros países do cadro. Nos espazos en branco completa ti os países que queiras. Verás que hai variación respecto á nosa hora. Utiliza a información deste enlace: