ANIMAIS INVERTEBRADOS

 Imos facer un estudo dos invertebrados igual que fixemos dos vertebrados. Este traballo agora ten que ser individual.
Escribe no caderno o título do tema: "Os animais invertebrados" e copia o que temos a continuación sobre as súas características xerais. Podes facer algún debuxo se queres. No caderno quedará un resumo como o  que ves ao final: 
OS INVERTEBRADOS
http://gifgifs.comhttp://gifgifs.com    -http://gifgifs.com


      *CARACTERÍSTICAS XERAIS:
Os invertebrados  son os animais MÁIS  abundantes no noso planeta. 

-Non teñen esqueleto interno nin columna vertebral.
-Todos son ovíparos.
-Algúns teñen cunchas como os mexillóns (mejillones); outros a pel dura como os escarabellos(escarabajos); e outros non teñen protección como as miñocas(lombrices)
-Algúns presentan simetría bilateral no seu
Resultado de imaxes para: simetria bilateralResultado de imaxes para: simetria radialcorpo, como as bolboretas(mariposas), que teñen dúas metades simétricas; outros simetría radial, como as estrelas de mar.



-Para estudalos dividímolos en grupos.

1.-ARTRÓPODOS
2.-MOLUSCOS
3.-VERMES (tamén se coñecen como Anélidos)
4.-MEDUSAS, ANÉMONAS E CORAIS (tamén se coñecen polo nome de Celentéreos e Cnidarios)
5.-EQUINODERMOS(son as estrelas de mar e os ourizos de mar)
6.-PORÍFEROS (tamén se coñecen polo nome de esponxas)
Así pode quedar o resumo na libreta:










 ¿PREPARADOS PARA COMEZAR A ESTUDAR?. . .