25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro é o día contra a violencia de xénero. Escoitamos esta canción e enchemos o colexio de bolboretas!

Dúas delas nos representaron no mural que compartimos con todos os nenos e nenas de primaria:

A de Roque e a de Sofía foron as elexidas para representarnos, pero o resto puxémolas na clase para acompañar un texto que explica por que o 25 de novembro é o día contra a violencia.

Durante varios días estivemos pintando os muros do cole, con debuxos e mensaxes alusivos á igualdade.

O primeiro paso era deixar o muro moi branco para poder facer os debuxos sobre el, e puxémonos mans á obra!






Aínda así, fixémolo sen ensuciarnos moito!



Pero aínda non rematamos...

Despois de deixar a parede ben branca comezamos coa cor :













E aínda seguimos sen rematar, faltan algúns detalles. É un traballo que require tempo, paciencia, compañeirismo, respecto...