A Primeira volta ao Mundo de Magallanes e Elcano foi unha das grandes fazañas levadas a cabo baixo a protección da Coroa Española.
Neste vídeo de Canal Sur hai un resumo estupendo da expedición.
Ademais esta volta ao mundo confirmou que a Terra é esférica, abriu novas rutas comerciais e descubriron:
🌄- Novos territorios ata entón descoñecidos: o Cabo de las Once Mil Vírgenes, o Cabo el Deseado, as illas Filipinas, a Patagonia…
🐧- Animais (como o pingüín, lobo mariño, guanaco…),
🌿 -Plantas (como o apio doce) 🍠 -Especias (canela, clavo, noz moscada…). Foi, a máis grande aventura naval da historia, financiada pola coroa española gracias á visión do xoven rey Carlos I de España.
Se non fora polo valor, a pericia e a tenacidade de Juan Sebastián Elcano e os seus 17 compañeiros sobrevivintes, todo o relacionado coa expedición e os seus tripulantes, incluído Magallanes, teríanse perdido para a historia.
Hoxe coñecemos os pormenores de tan importante aventura grazas, principalmente, ao diario de navegación de Antonio Pigafetta. Pigafetta foi un dos homes que conseguiron sobrevivir toda a viaxe.
Tamén coñecemos detalles da aventura grazas aos escritos de Maximiliano Transilvano, que, por orde do rei Carlos I, rexistrou as historias que lle contaron os superviventes.
Neste outro vídeo feito pola Universidade de Burgos móstrannos algúns dos descubrimentos que se fixeron nesta volta ao mundo. Desfrutade
Xa sabes por que non é a misma hora en todas as partes da Terra? Este era o traballo do xoves que debes ter copiado:
OS FUSOS HORARIOS
Nos distintos lugares da Terra non temos a mesma hora.
Por exemplo cando aquí son as 12 da mañá en Brasilia son aínda as 8 da mañá, en Venezuela son as 7 da mañá, pero en Xapón xa son as 8 da tarde.
Por que ocorre iso?
Investiga por que e explícao.
Como nos sei se entende moi ben, déixovos unha explicación casi como se estiveramos no cole. Despois de vela corrixe ou fai a resposta á pregunta.
Este é un modelo de resposta. Compárao coa túa, corrixe se é necesario e, por suposto, podes ter outros exemplos.
A resposta á pregunta é que debido á rotación da Terra non todos os países reciben ao mesmo tempo a luz do Sol. Como un día dura 24 horas podemos dividir a Terra en 24 franxas ou fusos horarios.
Se empezamos a contar como hora a que temos no fuso horario cero, que é o que nos corresponde a nós, cada vez que nos movemos un fuso horario ao Oeste temos que restar unha hora, e cada vez que nos movemos un fuso cara o Leste temos que sumar unha hora.
Por iso en Xapón, por exemplo, que está 9 fusos horarios cara o Leste, é 9 horas máis tarde que aquí e en Colombia, que está 5 fusos cara o Oeste é 5 horas máis cedo que aquí.
E este é un planisferio máis real dos fusos horarios sacado da Wikipedia.
A tarefa para hoxe
Recorda poñer a data con boli vermello e o enunciado con boli azul:
Escribe que hora é en diferentes países do mundo. Primeiro tes que anotar nun cadro que hora é cando estás facendo o traballo e que hora sería se estiveras nos outros países do cadro. Nos espazos en branco completa ti os países que queiras. Verás que hai variación respecto á nosa hora. Utiliza a información deste enlace: