NADAL !!!

 Chegou o final do primeiro trimestre, chega o Nadal. Despois de facer os nosos traballos sobre os volcáns na clase, practicamos unha panxoliña para enviar aos nenos e nenas que están vivindo a situación da Palma.

Na clase preparamos unha mensaxe, onde lles enviamos o noso ÁNIMO! 
Aquí deixamos o noso ensaio na aula. Despois participamos con todos os nenos e nenas do colexio, e con todas as profesoras e profesores.
Botamos de menos a Manuela, que tivo que quedar na casa, pero seguro que ela tamén está encantada de compartir a mensaxe.



Tamén participamos na entrega de postais de Nadal para todos os compañeiros e compañeiras do centro. A de Manuela tamén está, por suposto. Mar encargouse de metela no buzón. Cada un de nós recibirá tamén unha postal de alguén do cole... 


E entregamos as nosas cartas aos "Reis Magos", aínda que a mascarilla e a distancia fan que sexa moi distinto, os nosos desexos e a nosa ilusión son os mesmos.