NATURAIS, mércores 18 de marzo de 2.020. Vídeos invertebrados

Tes feito o do caderno de onte? Estuda ese resumo das características xerais dos invertebrados e mira estes vídeos. Atende moito e vai tomando notas, porque imos facer un traballo de cada un dos grupos de invertebrados.



ANIMAIS INVERTEBRADOS

 Imos facer un estudo dos invertebrados igual que fixemos dos vertebrados. Este traballo agora ten que ser individual.
Escribe no caderno o título do tema: "Os animais invertebrados" e copia o que temos a continuación sobre as súas características xerais. Podes facer algún debuxo se queres. No caderno quedará un resumo como o  que ves ao final: 
OS INVERTEBRADOS
http://gifgifs.comhttp://gifgifs.com    -http://gifgifs.com


      *CARACTERÍSTICAS XERAIS:
Os invertebrados  son os animais MÁIS  abundantes no noso planeta. 

-Non teñen esqueleto interno nin columna vertebral.
-Todos son ovíparos.
-Algúns teñen cunchas como os mexillóns (mejillones); outros a pel dura como os escarabellos(escarabajos); e outros non teñen protección como as miñocas(lombrices)
-Algúns presentan simetría bilateral no seu
Resultado de imaxes para: simetria bilateralResultado de imaxes para: simetria radialcorpo, como as bolboretas(mariposas), que teñen dúas metades simétricas; outros simetría radial, como as estrelas de mar.



-Para estudalos dividímolos en grupos.

1.-ARTRÓPODOS
2.-MOLUSCOS
3.-VERMES (tamén se coñecen como Anélidos)
4.-MEDUSAS, ANÉMONAS E CORAIS (tamén se coñecen polo nome de Celentéreos e Cnidarios)
5.-EQUINODERMOS(son as estrelas de mar e os ourizos de mar)
6.-PORÍFEROS (tamén se coñecen polo nome de esponxas)
Así pode quedar o resumo na libreta:










 ¿PREPARADOS PARA COMEZAR A ESTUDAR?. . .