O CONCERTO DE MAIO

 Este venres, día 13 e maio, fomos a un concerto ao Palacio da Ópera da Coruña.

Era música de películas de Disney, coa Orquestra Sinfónica de Galicia, O Coro e dous cantantes marabillosos, unha rapaza e un rapaz que o fixeron realmente ben.

Todas e todos recoñecimos as pelis e puidémolos acompañar cantando ou facendo palmas.

Foi unha mañá estupenda, aínda que botamos de menos aos nosos compañeiros Alberto e Catalina.











O rocódromo de abril

 O día 21 de abril fomos ao rocódromo. 


Comprobamos que estamos en moi boa forma!

























Unha mañá moi emocionante!

MES DE MARZO: Día da muller. Guerra de Ucraína

 No mes de marzo celebramos o día da muller. Participamos na exposición de formigas, aínda que non nos deu moito tempo a rematalas, pensamos engadir algunha máis. Fixeron un vídeo que está na páxina web do cole: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/e este é o resultado:




















             Guerra en Ucraína

Estivemos falando na clase da guerra de Ucraína. Consideramos que é moi inxusto e que non ten ningún sentido o sufrimento de xente que é igual ca nós, que só desexan vivir en Paz.
Colaboramos clasificando roupa en caixas para que se lle envíen a estas persoas  como axuda nestes momentos de frío. Os máis pequenos do cole clasificaron os alimentos, que serán enviados este luns. Nestas caixas vai o noso desexo de que esta situación remate canto antes e que poidan volver á súa vida normal.








Comezamos coa nosa aportación e co noso enorme desexo de PAZ.