Participamos no xogo de Pasapalabra das Letras Galegas, e fixémolo bastante ben:
5ºA E P VILA DE RUTIS : Aprender, medrar, convivir, disfrutar, facernos grandes e boas persoas.
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS b>. Amosar todas as publicacións
O CONCERTO DE MAIO
Este venres, día 13 e maio, fomos a un concerto ao Palacio da Ópera da Coruña.
Era música de películas de Disney, coa Orquestra Sinfónica de Galicia, O Coro e dous cantantes marabillosos, unha rapaza e un rapaz que o fixeron realmente ben.
Todas e todos recoñecimos as pelis e puidémolos acompañar cantando ou facendo palmas.
Foi unha mañá estupenda, aínda que botamos de menos aos nosos compañeiros Alberto e Catalina.
O rocódromo de abril
O día 21 de abril fomos ao rocódromo.
Comprobamos que estamos en moi boa forma!
Unha mañá moi emocionante!
MES DE MARZO: Día da muller. Guerra de Ucraína
No mes de marzo celebramos o día da muller. Participamos na exposición de formigas, aínda que non nos deu moito tempo a rematalas, pensamos engadir algunha máis. Fixeron un vídeo que está na páxina web do cole: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/e este é o resultado:
Estivemos falando na clase da guerra de Ucraína. Consideramos que é moi inxusto e que non ten ningún sentido o sufrimento de xente que é igual ca nós, que só desexan vivir en Paz.
Colaboramos clasificando roupa en caixas para que se lle envíen a estas persoas como axuda nestes momentos de frío. Os máis pequenos do cole clasificaron os alimentos, que serán enviados este luns. Nestas caixas vai o noso desexo de que esta situación remate canto antes e que poidan volver á súa vida normal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.png)











































