MES DE MARZO: Día da muller. Guerra de Ucraína

 No mes de marzo celebramos o día da muller. Participamos na exposición de formigas, aínda que non nos deu moito tempo a rematalas, pensamos engadir algunha máis. Fixeron un vídeo que está na páxina web do cole: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/e este é o resultado:




















             Guerra en Ucraína

Estivemos falando na clase da guerra de Ucraína. Consideramos que é moi inxusto e que non ten ningún sentido o sufrimento de xente que é igual ca nós, que só desexan vivir en Paz.
Colaboramos clasificando roupa en caixas para que se lle envíen a estas persoas  como axuda nestes momentos de frío. Os máis pequenos do cole clasificaron os alimentos, que serán enviados este luns. Nestas caixas vai o noso desexo de que esta situación remate canto antes e que poidan volver á súa vida normal.








Comezamos coa nosa aportación e co noso enorme desexo de PAZ.


Cantas cousas pasaron no mes de febreiro!!

carnaval-imagen-animada-0042

E co Antrodio, vestidos de superheroes e superheroínas despedimos ao noso profe de prácticas, Jorge.

Todos desexamos que teña moita sorte e que volva pronto a vernos.

Grazas, Jorge.











Este mes de febreiro tamén fixemos outras actividades diferentes:

Recibimos a visita de Dana, a cadela lectora.


 

Algúns nenos e nenas do cole terán a oportunidade de ler con ela ao longo do curso, pero todas e todos puidemos coñecela, facer preguntas sobre a súa vida, acariñala... 


arbol-imagen-animada-0092Tamén este mes de febreiro tivemos a oportunidade de prantar unha nova árbore no cole. Cada grupo, desde Educación Infantil ata 6º de Primaria plantamos unha árbore, que desexamos que medre san, forte e robusta coma nós.













arbol-imagen-animada-0017Desexamos que a nosa árbore, que é un carballo, medre san, forte e robusta coma nós!

NADAL !!!

 Chegou o final do primeiro trimestre, chega o Nadal. Despois de facer os nosos traballos sobre os volcáns na clase, practicamos unha panxoliña para enviar aos nenos e nenas que están vivindo a situación da Palma.

Na clase preparamos unha mensaxe, onde lles enviamos o noso ÁNIMO! 
Aquí deixamos o noso ensaio na aula. Despois participamos con todos os nenos e nenas do colexio, e con todas as profesoras e profesores.
Botamos de menos a Manuela, que tivo que quedar na casa, pero seguro que ela tamén está encantada de compartir a mensaxe.



Tamén participamos na entrega de postais de Nadal para todos os compañeiros e compañeiras do centro. A de Manuela tamén está, por suposto. Mar encargouse de metela no buzón. Cada un de nós recibirá tamén unha postal de alguén do cole... 


E entregamos as nosas cartas aos "Reis Magos", aínda que a mascarilla e a distancia fan que sexa moi distinto, os nosos desexos e a nosa ilusión son os mesmos.