25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro é o día contra a violencia de xénero. Escoitamos esta canción e enchemos o colexio de bolboretas!

Dúas delas nos representaron no mural que compartimos con todos os nenos e nenas de primaria:

A de Roque e a de Sofía foron as elexidas para representarnos, pero o resto puxémolas na clase para acompañar un texto que explica por que o 25 de novembro é o día contra a violencia.

Durante varios días estivemos pintando os muros do cole, con debuxos e mensaxes alusivos á igualdade.

O primeiro paso era deixar o muro moi branco para poder facer os debuxos sobre el, e puxémonos mans á obra!






Aínda así, fixémolo sen ensuciarnos moito!



Pero aínda non rematamos...

Despois de deixar a parede ben branca comezamos coa cor :













E aínda seguimos sen rematar, faltan algúns detalles. É un traballo que require tempo, paciencia, compañeirismo, respecto...

SAMAÍN NO COLE

 Esta semana estivemos traballando nos nosos monstros para participar na exposición do cole.

Fixemos un estupendo traballo de equipos, facendo os deseños e aportando todos e todas as nosas ideas para elaboralos. Saíron uns monstros moi chulos!!!

Savannah, Óliver, Marcos, Alberto e Sofía conseguiron facer un monstro cunhas enormes patas arácnidas!
Raúl, Roque, Manuela, Enrique e Carmen déronlle forma a un monstro cunha "mirada moi siniestra"!!!
Enrique trouxo o seu propio monstro-cabaza que nos gustou moito!

Esaw, Camilo, Sofía e Cristina fixeron un monstro con moitísimos detalles horripilantes!!!!
Tamén participamos na exposición de cabazas na entrada do cole, e estas foron as estupendas  aportacións dalgúns compañeiros e compañeiras da nosa clase.
        Crear texto gif animado-





E este é o vídeo con todos os compañeiros e compañeiras do cole

NOVIDADES TEATRAIS DO CONCELLO

 Hoxe no colexio vin uns carteis sobre obras de teatro que se farán no concello, no edificio de Servizos Múltiples. Parece unha actividade interesante, xa que detrás de calquera representación hai moito traballo.  Déixovos os carteis que vin por se vos apetece acudir a algunha das obras:

 E para os que tedes irmáns ou irmás máis pequenos na casa: